Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O primeiro ministro de Malta é o xefe de goberno de Malta. É a figura máis poderosa no goberno do país, aínda que o presidente teña un cargo superior. O primeiro ministro é nomeado polo presidente, pero o presidente toma a decisión baseándose na situación do parlamento maltés. O primeiro ministro ten que contar cunha maioría de votos no parlamento para conseguir o mandato.
Catorce persoas ocuparon o cargo de primeiro-ministro de Malta desde que se creou o cargo en 1921. O cargo quedou vago no período entre 1933 e 1947 e entre 1958 e 1962.